Edificio Modernista "protexido"

Edificio modernista "protexido"
English version

Edificio Modernista "protexido" 

 A conservación do Patrimonio Arquitectónico está demostrado que aporta un gran valor engadido a pobos e cidades. A falta de conciencia e respecto cos edificios históricos é evidente; unha nova normativa para protexelos está por facer. 


 Este despropósito de construción na rúa Orillamar da Coruña, na que unha fermosa casa modernista protexida é “integrada” na fachada dunha “mole” sen xeito, foi froito da dura especulación urbanística que sufrimos no barrio durante varios anos. 


 Postformados, patéticas imitacións de galerías e vidros espellados son un exemplo claro do “feísmo” consentido. O grande impacto sobre o chan para facer catro andares soterrados para garaxes, fixeron necesario furar con centos de barrenos unha dura base de granito, as casas colindantes sufriron graves desperfectos … o ruído superou todos os límites permitidos e os veciños saíron á rúa a manifestarse. 


Aínda por riba teño que vela todos os días. 


 Xoan Piñón



Foto © Xoan Piñón

6 comentarios:

Manuela dijo...

¡No hay pan para tanto chorizo!
Esto no es "unha desfeita", es una catástrofe.

Anónimo dijo...

España sin lei.

Fusión Servizos Creativos dijo...

Eso no es protección sino sobreprotección.
Unha aperta

TroyTempest dijo...

Agora debe ter ate ascensor e seguro que é máis quentiño. O ben que quedaría a torre de Hercules no medio dunha praza como la de Los Rosales"

chimpín dijo...

Nom é sem tempo que se comecem a apreciar este tipo de edifícios e as autênticas barbaridades que se figerom com eles, quando nom forom destruidos completamente. Isto sim é feismo, nom o que se conhece como tal.

Im-Pulso dijo...

Teño pasado diante dese edifico varios centos de veces, camiño da miña casa, vin como o "deconstruían" e mesmo teño escoitado comentarios positivos aos veciños (máis que negativos). Na Coruña temos un grave problema de incultura urbanística grazas aos máis de vinte anos de vazquismo e "fontelanismo".
Grazas pola imaxe, non precisa moitos comentarios.