Galway (1991)


Galway (1991)

CABRAS DE GALWAY
Comentario de Víctor González

“O meu amado é como a cabra, que vén saltando polas montañas.”
(Cantar dos Cantares)


Os antigos atribuían ás cabras unha visión extraordinaria. Pensaban que a medida que ascendían aos cumios, estes nobres animais adquirían non só o privilexio de abarcar enormes extensións cunha ollada, senón tamén o poder de aumentar a súa agudeza visual ata un estadio superior, próximo a unha visión sobrenatural do mundo, case máxica. Unha capaz de percibir con precisión os máis pequenos detalles e, ao mesmo tempo, a inmensidade do total.

San Gregorio de Nisa, por exemplo, tivo en propiedade unha cabra omnisciente, razón pola que o Pai Capadocio chamábaa xusta e simplemente “Deus”. E Orígenes consideraba a estes fermosos bóvidos os animais máis perspicaces da creación. As cabras están moi preto da divinidade. Non hai que esquecer que Zeus foi aleitado por unha de nome Aix, un ser terrible que descendía do propio Helios e ante cuxa presenza tremían os Titáns, tal era o seu poder.

A min estas dúas cabras de Galway parécenme tamén algunha clase de deuses das alturas. Alleos e indiferentes ás empresas humanas; escépticos, afastados e incomprensibles para nós. De feito a do primeiro plano, que supoño a femia (ten os cornos máis curtos), estou seguro de que é unha estraña deusa feita de pelo, corno e mel, talvez nada directamente da terra como nascían os xigantes: sen pais, sen semente. Unha deusa natural, poderosa e perfecta como a que puido ser Galadriel de Lothlorien, gobernando o mundo dende os cantís de Moher cun xesto.

Non deberiamos adorala?

Víctor González




Técnica
Cámara: Nikon F3
Pelicula: Diapositiva Ektachrome 100 dixitalizada
Obxetivo: Nikkor 24 mm / 2.8
Exposición: 1/250 a F4
Foto © Xoan Piñón



7 comentarios:

Simón dijo...

Que grande!! Que bonita manera de mirar a las cabras. Esta que mira los acantilados pareciera una sabia cabra que contempla desde lo alto, por encima del bien y del mal, el lugar tan bonito que habita y que tan rápido estamos destruyendo.

Anónimo dijo...

Beleza que axuda a andar pola terra, non contra ela.

Mercedes.R.Bolaño

Anónimo dijo...

Lo tenía en mi inconsciente, sabía que esa era mi primera condición, ahora veo los honores -y no sólolas broncas- por ser tan cabrita, que no cabrona, cabra loca, que busca los riscos, los caminos incómodos, para respirar esos aires sutiles... me encantó leerlo así, tan hermoso,tan poético, y llenar mis pulmones de ese perfume de montaña... y la foto es tan tan mágica, que ayuda a subir.

Mónica Sabbatiello

Anónimo dijo...

Parece que Leonardo pasou por alí e deixou os acantilados bañados polo sfumato. Chulísima.

Por certo "aix",cabra en grego,soe confundirse con Amaltea,tenrura. Cando,sen querer, Zeus rompeulle un corno, en compensación a todo o que fixo por el, convertiuno na "Cornucopia" o corno da abundancia, tan típico nas casas do norte de Europa.

Susana

Anónimo dijo...

La fotografía, el texto, todo tiene una mágia íntima, que nos trasporta a tiempos antiguos, dónde la naturaleza era respetada.
Felicidades a los dos artistas, sois geniales.

Argax dijo...

Excelente texto, inquietante fotografía por encontrarnos ante la visión de un Dios (menor?).

Un saludo y me quedo intentando aplicar la visión total de la cabra a su blog, tarea difícil.

Mafalda dijo...

Deixo a miña pegada para agradecer, moi fondamente, descobrir este fantástico mundo da imaxe, quedei abraida, sen palabras coas que expresar a ledicia e o pracer que experimentei ao velas. Gracias, Xoán, gracias mil.