A Toda Máquina (1987)


De pé de esquerda a dereita: Sergio Pazos (actor), Carlos Regueira (axudante de produción), Xosé Lois (actor), J.L. Moreno (iluminación), Eva Gómez (productora) Xaime Fandiño (director), Niní Castro (vestiario); sentados : Luisa Veira (actriz), Suso Montero (director artístico) e Puri Pereira (maquillaxe).

"A Toda Máquina" foi un programa da TVG que se emitía semanalmente e integraba actuacións musicais de grupos de rock e un tolo concurso conducido por Sergio Pazos (o grumete), Xosé Lois (o capitán) e Luisa Veira (Chachachá). Polo plató pasaron as principais formacións da época: Héroes del Silencio, Siniestro Total, Alaska, Los Rebeldes ...
Durante o concurso a Chachachá (Luisa Veira) repartía golpes e todo tipo de accións para molestar aos concursantes, mentres Sergio Pazos lía as preguntas que un temón movido por Xosé Lois ía deixando ao descuberto.
Nese ambiente recreado de fondo do mar, os castigos -consistentes en desaparecer a través dunha trapela chea de fume e luz- sucedíanse durante unha angustiosa e dinámica proba que duraba 12 minutos.
O decorado -nunha estética pop de antigo submarino- estaba inspirado na psicodelia dos 70 e mantíñase a flote na súa tecnoloxía obsoleta, como o raposo desecado que un grumete colocara ao lado do compás na cabina de mando.
Foi galardoado co premio TP ao mellor programa de 1988.


Técnica
Luz: Interior plató TV 3.200ºK
Cámara : Hasselblad SWC
Película : Diapositiva 6x6 Ektachrome 64T

5 comentarios:

Luisa Veira, email: orzan0007@gmail.com dijo...

¡Que fotaza y que programazo!
Querido, no sé como se vería la cosa desde fuera, pero vista desde dentro la vida era estupendamendamente divertida.
Besos mil de
Luisa

Merce dijo...

A foto e unha xoia, acordome do programa dende logo que era ben entretido e moi divertido.

As fotos son unha maravilla.
Deixoche un saudiño.

Anónimo dijo...

Aquí Sergio Pazos alucinado de atopar esta foto que xa forma parte da HISTERIA que non historia da TVG. Porque sempre foi bastante tolo todo, pero o factor humano sempre sobresalía por encima de todo. Vaia época e vaia xentiña. E ademáis estamos juapos de carallo.

Traditore dijo...

aquí, regueira, o máis noviño de todos; algúen sabe algo de XOSÉ LOIS?

Rus Nervo dijo...

eu aínda era novo, pero recordo o programa coma unha toleada absoluta! quen me ía dicir a min que o director era Fandi!
e xa daquela tiña o costume de rematar as frases con un "me entiendes?" ou "te das cuenta?"
boísimo.