
A TERRA SILENCIADA
Comentario de Mercedes Rodríguez Bolaño
A Nosa Terra non é nosa, é servidume de paso o que nos deixa, para contar unha a unha, as follas que pisamos no camiño.
Alguén mandou calar o son da Terra e declaroulle a guerra a toda ela
Somos nós o que atopamos, debaixo das pegadas contra dela.
Nesta guerra silenciada, veñen baixas en cantares e praceres, na beleza que algún día nos axudou a vivir e que por forza habería de axudarnos a morrer.
Para que cante outra vez a primavera, haberá que por fin a este combate contra todos os ruídos que se moven; porque cada ruído ten un nome, cada nome un lugar, un labor preciso e necesario.
Haberá que convocar desde todos os outeiros
Un balbordo total contra o silencio.
Mercedes Rodríguez Bolaño
Ver Galerías
Foto © Xoan Piñón
5 comentarios:
Maravillosa foto, Xoán, y fantástico texto de MRB, a quien no conozco, pero igualmente felicito desde aquí.
Un abrazo,
contorce-se a terra
esfuma-se a
terra
parindo o home~m
Luci Lu
Extraordinaria foto e maravilloso texto da sempre lúcida poeta Bolaño
Extraordinaria foto e maravilloso texto da sempre lúcida poeta Bolaño
Extraordinaria foto e maravilloso texto da sempre lúcida poeta Bolaño
Publicar un comentario