Albeida (2000)

English version


Comentario de Rodrigo Romaní :

Albeida hai dez anos: un lugar no que se percibe a tradición de séculos baseada na economía de subsistencia. Todos realizan en comunidade as labores que necesitan da forza colectiva, compártense os productos da terra e dos animais. A veciñanza e un fío tan forte como o parentesco, o sentimento de pertenza ao grupo da coherencia á vida cotiá. En pouco tempo desaparece na xente máis nova ese sentimento (hai que marchar na procura de novos horizontes) ao mesmo tempo que desaparecen as vacas, víctimas da nova obsesión da sanidade imposible. Sen vacas, sen xente, os montes xa non son aproveitables e os camiños feitos para os carros se pechan coa maleza. Os cultivos se reducen e o traballo comunitario desaparece, tamen as festas e as celebracións vinculadas ás labores, e os cantos, e os contos......O mundo avanza rápido cara onde non sabe. Fican os rostros e a lembranza dun pasado novo, infantil: un pasado con dez anos de idade.

Rodrigo Romaní


Albeida (2000 Boa-Music), o título do primeiro disco en solitario de Rodrigo Romaní, leva o nome do lugar onde el vive. Trátase claramente dunha homenaxe.
Lembro aquel día de verán moi ben; todos os veciños da vila están presentes e saben que van quedar para sempre na fotografía do disco. Polos camiños van aparecendo amodiño á hora sinalada. Respírase complicidade, alegría e nerviosismo. Rodrigo -como un veciño máis- está entre eles, integrado, discretamente camuflado …

Para conseguir atopalo entre a xente premede aquí co sinal (+) que sae sobre a foto ...

No décimo aniversario. Parabéns, Albeida !
Xoan Piñón


Comentario de Mercedes Rodríguez Bolaño (4.8.13) : A música toda do mundo non abonda para poñerlle son ao club das roseiras, á comunidade da herba no bosque atlántico; por iso canta na sombra o merlo, ese elegante convidado que papa guindas sen tragar un óso. 

Enlaces relacionados:
www.boa.es/promocion/rodrigo_romani/10002023.htm
e-tradvigo.blogspot.com/
www.fotolog.com/abretedeorellas/48869659
www.sondeseu.org/
en.wikipedia.org/wiki/Milladoiro

Técnica:
Luz: día
Pelicula: Diapositiva Ektachrome 6x6 dixitalizada
Cámara: Hasselblad SWC
Exposición: 1/60 seg a F:5,6
Foto © Xoan Piñón


5 comentarios:

Víctor González dijo...

¡Qué bonita, cuántas sonrisas!
Un abrazo,

DO FOL MUSICA dijo...

Ola Xoan, que recordo tan bonito o de este disco, unha obra chea de personalidade e ilusión, apertas!
Nando Luaces

Anónimo dijo...

Fermosa foto e fermosa historia

Susana de dijo...

É unha foto moi esperanzadora, aínda que sexan os nenos os máis serios: cousas da idade. Pero que os vellos rían tanto é alentador.

Susana.

Anónimo dijo...

Foto río
As voces que cantaban ó lonxe
A banda sonora en segundo plano
A que facía da vida unha cousa amable
Acubillada na máxica lente
Salva pantallas de nós

Mercedes.R.Bolaño