Xosé Manuel Pereiro (1983)


Comentario de Xosé Manuel Pereiro. Enghish version

"A foto recordame aquelas famosas de Walker Evans que retrataron a Gran Depresión. Pola textura, pola estética e polo estático da postura, pola melancolía e polo desvalimento que desprende. Mesmo polos escasos e precarios obxectos que aparecen nela: unha cama -nótese que non hai somier metálico, só un tableiro-, unha manta, o apunte dunha mesa de noite. Xa non lembro cando foi, quitado que debía ser 1983, nin moito en que casa, aínda que supoño que era naquela (que si que era Great Depression Style) de María Pita con vistas á Dársena na que viviamos Suso, Santiago e Manolo (pola noite, polo día moita máis xente, e na que chegaron a durmir Jose Afonso, José Manuel Costa, Patiño&Lamas,...). En contraste coa foto, a realidade era que se trataba dun cuarto amoblado polo método que agora se chamaría reciclaxe ou vintage, con certas pretensións de dandysmo, habitado por xente que militaba afervoadamente na onda de modernidade extrema que comezaba a asomar daquela... Xoan Piñón fala da foto como "a das anginas", posiblemente porque a razón primeira da visita debía ser na súa faceta de médico de balde, non de fotógrafo nin de músico.
Xosé Manuel Pereiro"


http://sihomesi.com
http://twitter.com/sihomesi

Foto © Xoan Piñón

No hay comentarios: