Mostrando entradas con la etiqueta Retrato. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Retrato. Mostrar todas las entradas

Juanillo Esteban (2013)

Juanillo Esteban (2013) English version


Este tipo quen cona é? Texto de Javi Camino



Este tipo quen cona é? Semella un émulo daquel inimigo de Batman adicto ás adiviñas... O caso é non deixa de soarme... ¿Non será aquel ionqui de Labañou que cando era cativo mangóume a punta de navalla os 5 pesos que levaba no peto para colle-lo bus? Menudo mono tiña enriba, berraba coma un porco bravo: "¡La pasta o la vida!". Todo un personaxe. Algúns veciños dicían que antes de acabar metido na droga fora actor nunha mítica peli gore dos 90, pero eu creo que o confundían co meu colega Natalio, que ademáis de actor é un recoñecido científico. Un home tan estrafalario que, efectivamente, parece sacado dunha peli de serie Z. Non sei, quizais estou flipando demasiado. O mellor é cantante de orquestra ou un animador de festas e verbenas, vai ti saber... Quizais nin sequera se dedica o espectáculo. Pode que sexa un responsable pai de familia numerosa ou sabe deus... ¿Un antigo cosmonauta? Non teño nin idea. Por sorte, a súa identidade seguirá sendo durante moitos anos un Enigma.



enlaces relacionados :



Foto © Xoan Piñón 2013

Guadi Galego (1999)

Guadi Galego (1999)
English versión

TEXTO DE PAZ RAÑA LAMA


“Tiña a mirada máis grande que os ollos”.

 
Foi Iago Martínez quen, no seu libro sobre Lois Pereiro, escribiu unha das locucións que mellor debuxan a arte de pluralizar as emocións,
e velaí temos a mirada de Guadi repetindo a secuencia dos seus acordes que saben, en perfecta aleación, a cantos remotos e a voces contemporáneas: escuma, incandescencia, recendo e… es(tou)pido, por máis que a temperatura de fusión (tamén nas músicas) nunca é única e convén saber a concentración de cada ingrediente para deseñar a fórmula e chegar ao soño de conseguir o metal máis limpo, o ouro puro, que, para o noso gozo, posúe un brillo melancólico e unha alta condutividade.
A súa voz, neste disco cos necesarios Berrogüetto, provoca, como a urticaria, inflamación e comezóns intensas en áreas da nosa pel. Déixome acariñar pola brisa rítmica e sonora que percorre o desexo de expandirse na imparable busca da luz.
Escoito a Guadi e peregrino a pentagramas cuneiformes, a táboas de arxila, a esfinxes, ao teu Alén, e aférrome á teoría de que con ela a música ten a súa orixe no portal dos deuses, moito antes de que Hermes puxera as cordas no caparazón da tartaruga.
Benzón.

P.S. Logo chegou Xabier Díaz e a voz das músicas continuou feliz.

Paz Raña Lama



Foto © Xoan Piñón

Francisco Taxes (1986)


Con motivo da publicación por
Edicións Xerais de Galicia da Obra Dramática do amigo Francisco Taxes, que se presentou na Biblioteca Miguel González Garcés de A Coruña; móstrovos nesta imaxe esa mirada que parece atravesar o monitor.... vai directa ao corazón dos que tivemos a sorte de coñecelo. Todo bondade!