Estrada (1993) Galicia Terra Nai.

Estrada (1993) "Galicia Terra Nai."
English version


Texto de Carmen García-Rodeja Arribí


En perspectiva, o horizonte apenas se percibe, borroso e incerto. 

Por tras do muro que sinala as marcas, de novo o precipicio, e unha estrada cara o descoñecido.

Á esquerda ás árbores núas equilibran o conxunto, mentres a néboa tece o seu misterio. 

Na paisaxe pechada a xente recóllese, aniña e soña coas pantasmas, co incógnito, coa morte e o seu aviso, co ouvear do lobo. 

Cara onde este camiño?

Nesta brétema perdéronse hai sesenta anos un grupo de soldados da República.

Tornaban a casa por un vieiro de temor e de soños. 
Enganados, caeron presos.

Os seus corpos repousaron  nunha furada húmida e fría, á beira dunha senda que os levou a ningures.


 Carmen G-Rodeja Arribí




Foto © Xoan Piñón

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Magnífica imágen... tanto como terrorífico la historia de los soldados de la República asesinados en cercanías del lugar, como relata Carmen

Anónimo dijo...

A foto representa moi ben o frio, a humidade e o espanto que deberon de sentir eses soldados da liberdade que foron cruelmente masacrados pola bestia do fascismo.