Enghish Version
DE BERLÍN A COMPOSTELA, Texto de Manuel Lourenzo,
Con Woyzeck, aquel libriño que viña de Berlín, rústico, barato, dunha plasticidade sen ornatos, experimentei, na súa voz orixinal, aquelas con que
Büchner recreara o mundo, e a súa especial maneira de escribir teatro, confiándolle ao texto só as voces das personaxes e os números que encabezan as secuencias. Todo o demáis –a guerra, a fame, a paixón, as crenzas–, todo o que é argumento e argumentación, mora nos diálogos, nunca en explicacións nin didascalias que ben pouco aportarían. De aí que traducir fose un descubrimento e, xa máis tade, ver a peza montada polo C.D.G., –nunha arriscada proposta de
Xulio Lago e cun protagonista como
Antonio Durán “Morris”, nun
Woyzeck alucinado e desgarrado–, unha soberana experiencia.
Manuel Lourenzo
Na imaxe : Antonio Durán Morris e Xosé Lois González
Centro Dramático Galego
Foto © Xoan Piñón