"A mirada da muller policía"
Texto de Xosé Manuel Pereiro
Nese rostro, que
lembro desde hai anos, hai algo máis ca unha persoa. Hai unha traxectoria
persoal enteira, da muller que un día entrou no NYPD non se sabe por que
razóns, se por idealismo, por tradición ou por saída laboral, e nalgún momento
tivo unha familia, amigos, ilusións. Agora, ademais de sobrepeso por xornadas
enteiras sentada comendo merda hipercalórica, o pelo como a carqueixa pola
falta de coidado e o exceso de fumes, e mesmo quizá proÍdo na pel polo uniforme
ou hemorroides polo calor do skai da tapizado do coche, soamente ten o NYPD. A
súa casa é o New York City Police Department, e o inimigo e todo aquilo que
estea fóra dos límites do coche patrulla. Poucas fronteiras están tan
delimitadas como a que determina a mirada da muller policía.
Xosé Manuel
Pereiro
Foto © Xoan Piñón
Imaxe da colección "NY"
1 comentario:
Non só saian nas peliculas.
Publicar un comentario