Mostrando entradas con la etiqueta ACoruña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ACoruña. Mostrar todas las entradas
Edificio Modernista "protexido"
English version
Edificio Modernista "protexido"
A conservación do Patrimonio Arquitectónico está demostrado que aporta un gran valor engadido a pobos e cidades. A falta de conciencia e respecto cos edificios históricos é evidente; unha nova normativa para protexelos está por facer.
Este despropósito de construción na rúa Orillamar da Coruña, na que unha fermosa casa modernista protexida é “integrada” na fachada dunha “mole” sen xeito, foi froito da dura especulación urbanística que sufrimos no barrio durante varios anos.
Postformados, patéticas imitacións de galerías e vidros espellados son un exemplo claro do “feísmo” consentido. O grande impacto sobre o chan para facer catro andares soterrados para garaxes, fixeron necesario furar con centos de barrenos unha dura base de granito, as casas colindantes sufriron graves desperfectos … o ruído superou todos os límites permitidos e os veciños saíron á rúa a manifestarse.
Aínda por riba teño que vela todos os días.
Xoan Piñón
Foto © Xoan Piñón
Etiquetas:
ACoruña,
architecture,
Arquitectura,
Corunna,
feismo,
Fotografia,
Galicia,
modernism,
modernismo,
Orillamar,
photography,
Spain,
urbanismo,
xoanpinon
Suscribirse a:
Entradas (Atom)