Mostrando entradas con la etiqueta Colección. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Colección. Mostrar todas las entradas

A Mirada da Muller Policía (1987)



"A mirada da muller policía"
Texto de Xosé Manuel Pereiro


Nese rostro, que lembro desde hai anos, hai algo máis ca unha persoa. Hai unha traxectoria persoal enteira, da muller que un día entrou no NYPD non se sabe por que razóns, se por idealismo, por tradición ou por saída laboral, e nalgún momento tivo unha familia, amigos, ilusións. Agora, ademais de sobrepeso por xornadas enteiras sentada comendo merda hipercalórica, o pelo como a carqueixa pola falta de coidado e o exceso de fumes, e mesmo quizá proÍdo na pel polo uniforme ou hemorroides polo calor do skai da tapizado do coche, soamente ten o NYPD. A súa casa é o New York City Police Department, e o inimigo e todo aquilo que estea fóra dos límites do coche patrulla. Poucas fronteiras están tan delimitadas como a que determina a mirada da muller policía.

Xosé Manuel Pereiro


Foto © Xoan Piñón 
Imaxe da colección "NY"

A Danza da Nada "Iluminados" (1977-1985)


Comentario de Mercedes Rodríguez Bolaño:

Compañía do pasado alegre
falaime
Afondo na auga cunha man fóra
valeime
Á morte de man común
levaime


Esta foto -realizada en Madrid- é unha secuencia en tres partes na que o movemento parece narrar a historia dunha despedida. Na imaxe da esquerda, a velliña -ensemismada- mira dende a súa fiestra; é una mirada cara a dentro, as mans na faciana denotan cansazo. A segunda foto serve de fío condutor, semella un paso de danza ou un movemento ritual. Na terceira, sentada e bocexando, vemos á muller vencida polo sono, quizá o sono definitivo. Esta última foto foi positivada con posterioridade con outro tipo de papel e o fixado non foi suficiente; o ton sepia resultante dálle o carácter de foto de recordo, aquela que se pon “enriba do aparador”. É a primeira foto que fixen da colección “Iluminados”, o positivo en B/N está coloreado con óleo.

Xoan Piñón


ver Galería "Iluminados"

Técnica
Cámara
Nikkormat con obxectivo Nikkor 135 mm.
Película
Kodak TRI- X Pan forzada a 1600 ASA. 35 mm.
Revelado con
Rodinal 45 minutos.
Positivo en papel
Agfa Brovira grado 4.
Medidas copia : 24,5x45 cm
Coloreada con pigmento de óleo
Windsor & Newton directamente sobre as copias en B/N.
Foto © Xoan Piñón