Antonio Cal (1983)



I LOVE YOU PURRIÑOS 
Texto de Manel R. Mantiñán


Coñecín a Purriños nunha fantástica noite dos anos 70 con Pedro Abelenda no antigo clube Dorna da Coruña.

   Dende aquela comezamos unha fonda amizade que se foi fortalecendo cos anos a través do Jazz e dos nosos encontros nocturnos nos locais onde el ía actuar. Tocaba o saxo tenor, soprano e alto. Con este último conseguía un son potente, áxil e seco ao xeito de Art Pepper.

   Conversabamos sobre Jazz; el oíame, pero non me escoitaba. E entre os seus whiskis e os meus gintonics falabamos de Parker, de Henderson, de RollinsperoPurriños  sempre saía cunha das súas frases favoritas:a min o que me gusta é Dexter e ao carallo…” referíndose loxicamente aThe Panter, isto é, a Dexter Gordon.

   Non é a miña intención disertar aquí sobre o seu grande talento pero si falar do seu xeito de ser, polo que vou referir unha anécdota que presenciei no pub Filloa da Coruña.

   Estaba actuando neste clube daa Cega un novo grupo madrileño de Jazz e de alí a un pouco de estar tocando, dáme Purriños un cabadazo e chíscame un ollo; bota a man debaixo do seu asento, saca o seu saxo alto e sitúase diante dos músicos sen pedir permiso. Comeza a improvisar a toda velocidade e nun ton alto sobre o tema que eles estaban tocando. Executaba como só el sabía facelo. Os de Madrid non pararon, pola contra continuaron co tema dun xeitomáis suave, como se non deran creto ao que estaba a pasar co súper-marciano que subira ao escenario e que tocaba case como Charlie Parker. Categoría a do betanceiro pois el era quen de cousa tal!

   Mágoa, Antonio, que dende hai xa uns anos non te podo levar pola noite á túa casa de Betanzos camiño da miña de Oleiros, logo de tomarlle a penúltima no  Orzán.

   E lembrando isto estou a escoitar esa gran versión de Tenderly que fai Dexter Gordon no seu viniloDexter Gordon blows Hot and Coolde Jazz Wax Records.

Manel. R. Mantiñán


Enlaces relacionados :



Foto © Xoan Piñón

No hay comentarios: