Torre de Hércules (1984)

English version

Aquel día dende a ventá da miña casa vin a nube facendo un uve perfecto, collín a cámara e achegueime á Torre de Hércules ...
A disposición das liñas do ceo sinalando o rapaz, enmarcado polas dúas antenas, e a distribución dos elementos -que parecían xa preparados- regaláronme esta imaxe tan equilibrada.


Técnica
Cámara Nikon F3 con obxectivo Nikkor 24 mm. e filtro laranxa
Película Kodak TRI-X Pan 35 mm.
Revelado con Rodinal.
Positivo en papel Ilford Gallery.

2 comentarios:

patricia dijo...

Esta es sin duda, una de las fotografías más bonitas que he visto de nuestra torre.

Pereiro dijo...

Esa foto desgraciámola algo en "La Naval"...