Achéganse as vacacións e é moi doado visitar o museo d'Orsay... aínda que antes de entrar tes que aturar unha chea de horas á intemperie e -xa no interior- ir sorteando xaponeses que miran os cadros a través das súas cámaras e guías que chantan as bandeiriñas vermellas diante das obras que ti tanto desexas mirar só e de preto ... logo, despídeste da obra ata non sabes cando, coa sensación de que o tempo nunca é abondo.
Mellor non queixarse moito e intentar gozar da orxía das grandes obras dos impresionistas. Cando percorriches medio museo e aínda che queda por ver outro tanto aparecen os "personaxes da foto" que, acurralándote, dinche que a visita xa rematou.
Non pasa nada, estiveches no d'Orsay.
Técnica
Cámara : Canon PowerShot S70
Obxetivo : Zoom a 28 mm
Velocidade : 1/4 seg.
Diafragma : 2,8
ISO : 100
No hay comentarios:
Publicar un comentario