Ver pase de diapositivas de "Avantcraft" en Flickr
English version
Cando Francisca López, directora do CENTRAD no ano 2007, me presentou a súa idea "Avantcraft" sobre a promoción e divulgación de xoves deseñadores do Eixo Atlántico (Galicia, Portugal, Bretaña e Irlanda), quedei sorprendido da claridade e convicción do interesante proxecto que iamos levar a cabo.
A concepción estética que infire a forza do Atlántico, a erosión, a alternancia das mareas e a lírica dos azuis foron o punto de partida para un traballo no que a vangarda e a creatividade das imaxes fotográficas, debería ir parella ao novidoso dos deseños.
Escolléronse para a ocasión modelos que representaran os diferentes continentes dunha sociedade global. A súa actitude ante a cámara tiña que transmitir a forza e a seguridade que dá pertencer a unha cultura.
Como heroínas; as miradas, a tensión do corpo e un ambiente irreal xerado pola creación dunhas atmosferas oníricas e submariñas que conseguen que nos mergullemos nese mundo que Avantcraft quería suxerir.
Ver Galería "Avantcraft" en Facebook
Técnica
Luz: Interior plató. Mestura de Flash 5.500ºK, xelatinas e luz continua para fondos en movemento.
Balance de brancos sobre superficie ámbar.
Cámara : Hasselblad 503 CW con respaldo dixital 22 Mpix
Obxectivo : Planar 150 mm.
Exposición : 1 seg.
ISO : 50
Foto © Xoan Piñón
No hay comentarios:
Publicar un comentario