09/07/09

Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira. "A Paisaxe Humana" (2003)


Ver pase de diapositivas de "A Paisaxe Humana" en Flickr

Mañá comeza outra edición do mítico
"Festival internacional do mundo celta de Ortigueira" .
No ano 2003, co gallo do 25 aniversario, invitáronme a facer unhas fotos conmemorativas. Ocorréuseme documentar o festival desprazando o meu estudio con todos os seus pertrechos a
Ortigueira e facer un "casting" moi completo fotografando xente sen intervir na súa actitude natural perante a cámara.
Co nome de "A Paisaxe Humana", na exposición quedarían representados
os habitantes da vila, os músicos, organizadores e toda a xente que aló se achega para pasar uns días inesquecibles.
As fotografías -que teñen a medida exacta da estatura das persoas retratadas-
expuxéronse no claustro do Concello de Ortigueira, e nelas pódese ver polo miúdo á xente que posou no "set" da Praia de Morouzos e na Praza de Abastos (pretiño do escenario).
Nos tres días que durou o
Festival de Ortigueira 2003 fotografamos 165 persoas, traballo que despois da escolma quedou reducido a 60 imaxes, e desas, para a exposición e por motivos de espazo, positiváronse só 20. A colección "A Paisaxe Humana" está depositada no Concello de Ortigueira.

Ficha técnica :
Produción e casting : Marina Río e María Yáñez
Asistente de fotografía : Alba Vázquez

Luz: Interior Flash
Balance de brancos: 5.500ºK
Cámara: Hasselblad con respaldo dixital 11 Mpix
Obxectivo: Zeiss 80 mm
Exposición: 1/125 seg
ISO: 50