Ver pase de diapositivas de "Alma Gitana" en Flickr
English version.
"Alma Gitana" é un dos meus traballos de moda favoritos.
A sesión foi realizada en plató con modelos profesionais e figurantes e narra a historia dunha noite de festa entre tres amigas.
As ambiguas situacións, a cálida cor de interior e a decoración sesenteira realizada por Alexandra Fernández, conseguen dar á foto unha atmosfera tola e provocadora.
A relación de complicidade que se deu entre o equipo foi absoluta, algo que resulta imprescindible para conseguir imaxes e situacións cribles.
As modelos "dramatizaban" a foto seguindo un guión previamente escrito, pero tamén daban rápida resposta a moitos imprevistos que ían xurdindo; enriquecendo así a escena e aportándolle novos matices.
Ver galería en Facebook
Técnica
Luz: Interior plató con Flash 5.500ºK
Balance de brancos a 3.200ºK
Cámara : Hasselblad SWC con respaldo dixital 11 Mpix
Exposición: 1 seg
ISO: 50
Foto © Xoan Piñón
No hay comentarios:
Publicar un comentario