Marina (1978)


English version

Un dous meus primeiros retratos fíxenllo a Marina na Galería Sargadelos da rúa Zurbano de Madrid.
Coa emblemática peza da colección de Isaac Díaz Pardo "Muller que leva na cabeza todo o que precisa para vivir", Marina mira á cámara sostendo unha primitiva calculadora e fai -ironicamente- un paralelismo entre unha das súas actividades laborais e o concepto da peza.
A Galería Sargadelos en Madrid era, nestes anos, unha auténtica embaixada da vangarda cultural galega nesa cidade e desenvolvía unha frenética actividade cultural, con exposicións, conferencias e presentacións de libros. Por ela pasaron a práctica totalidade dos intelectuais comprometidos co país. Persoeiros como Luís Seoane, Celso Emilio Ferreiro, Eduardo Blanco Amor, Lorenzo Varela, Laxeiro, Reimundo Patiño e un longo etc. tiveron como lugar de encontro este centro.

Foto © Xoan Piñón

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Qué guapa está Marinita.!
TOda la foto tiene geometricidad, tiene longitud , la camisa tb forma parte de la linealidad,es cubista el conjunto , recorres de abajo arriba hasta llegar a la mirada de Marina, la profunda mirada. Es , una composición única entre lo inerte y lo no inerte .

Víctor González dijo...

Non vou dicir "maravillosa foto!" porque é o primeiro que me ven á cabeza sempre que veño a este blog (nótase que os homes temos menos cousas na cabeza que as mulleres).
Xa coñecía a peza pero non o seu nome. Por iso sorpréndeme ver que máis que nada, todo o que necesita unha muller para sobrevivir é unha locomotora! Sen dúbida trátase dun poema inédito de Lorca ou de alguén parecido do que nunca ouvín falar...
Unha aperta,

MERCEDES R.BOLAÑO dijo...

A el chamouno a primavera e foi.Amable vida que me convida pensou ,e foi.Polo camiño non escoitou música ningunha.A festa dura tan só un día,el foi,foi ó pazo do campo das flores,alí estaba ela. Pagoulle a pena
Mercedes.R.Bolaño