Outono Fotográfico 2009


Ver pase de diapositivas en Flickr

English version

Un ano máis inaugúrase en Ourense "Outono Fotográfico". Co nome de "Proxecta", Federico García Cabezón, José Paz, Xosé Lois Vázquez, Alba Vázquez Carpentier e mais eu amosamos os nosos traballos. Ofrécese tamén á posibilidade de que outr@s artistas que desexen exhibir as súas fotografías teñan un oco na programación.
Todos os días das 19 ás 23h. na Casa da Xuventude de Ourense ten lugar esta proxección colectiva. É unha boa alternativa á exposición en papel fotográfico.
O meu traballo
"Extractos" realizado no 2006 é un exercicio experimental baseado nas cores primarias RGB; abstraccións sobre texturas de obxectos cotiáns e formas distorsionadas creadas pola reflexión.

Técnica
Luz : Flash a 5.500 ºK. Interior plató.
Cámara : Hasselblad 503 CW con respaldo dixital 22 Mpix
Obxectivo : Planar 150 mm.
Exposición : 1/125 seg.
ISO : 50
Toma directa sen intervención posterior
Foto © Xoan Piñón

1 comentario:

Anónimo dijo...

Sementar branco e azul.

Mercedes Rodriguez Bolaño