Curuxa "Iluminados" (1977-1985)

English version

Aquel día da primavera do 82, Marina chamoume dende o choio para contarme que unha curuxa cunha á rota entrara no Museo Carlos Maside. Levanteime do tresillo, medio adurmiñado (logo duha noite de garda no "Ambulatorio San José") e atopei a fantástica imaxe do paxaro na ventá... A curuxa foi atendida das súas feridas polos deseñadores
Carlos Silvar e Rosendo Díaz - traballadores ambos de Cerámicas do Castro-. Despois de coidala, alimentala e sandala, soltárona na fraga que hai pretiño da fábrica onde todos sabían que vivía dende sempre.
Esta foto -que foi pintada con óleo orixinalmente- pertence á serie "Iluminados" e
desapareceu misteriosamente. Descoñezo o seu actual paradoiro pero se alguén que lea esta historia a viu e sabe onde podo atopala, agradeceríalle unha chamadiña ...


A curuxa anda trala pegada dos ausentes. Deixou recado de que xamais volvería pousar naquela fiestra valeira. Por alí vira unha vez o castelo encantado da Ilustración galega. Aprendeu a voar coa lixeireza das súas aves de porcelana Desde entón,non ten parada na estación murchada o seu voo de maxia,agasallo daqueles artistas.

Mercedes Rodriguez Bolaño.


Técnica
Cámara : Nikkormat con obxectivo Nikkor 135 mm.
Película : Kodak TRI- X Pan forzada a 1600 ISO.
Exposición : 1/250
Revelado : Rodinal 45 min.
Positivo : Papel B/N Agfa Brovira grado 4.
Medidas copia : 30x40 cm
Orixinal coloreado con pigmento de óleo directamente sobre a copia en B/N.


Foto©Xoan Piñón

2 comentarios:

Mónica Sabbatiello dijo...

Preciosa foto.. quizás se la llevó este pájaro ideal, a su casa entre follajes y nubes, para presumir ante sus parientes y amigos...

Anónimo dijo...

A curuxa anda trala pegada dos ausentes. Deixou recado de que xamais volvería pousar naquela fiestra valeira. Por alí vira unha vez o castelo encantado da Ilustración galega. Aprendeu a voar coa lixeireza das súas aves de porcelana Desde entón,non ten parada na estación murchada o seu voo de maxia,agasallo daqueles artistas.

Mercedes.R. Bolaño