Colectivo Atlántica (1980)

English version

Cando o pintor Xaime Cabanas e o escultor Mon Vasco me pediron uns retratos para ilustrar o catálogo de "Atlántica" e apareceron ante min ataviados deste xeito, pensei que unhas imaxes tan tolas como me ofrecían non se publicarían nunca. Pero non foi así e aínda que esta fotografía permanecía inédita e foron outras as elixidas, a imaxe transmite a forza e a necesidade de ruptura do movemento de artistas plásticos máis revolucionario que deu Galicia no comenzo da década dos oitenta.
Antón Castro, profesor da facultade de Belas Artes de Pontevedra e un dos piares teóricos do movemento, comenta: “Atlántica supuxo un revulsivo e marcou -por primeira vez-a presencia de Galicia no mundo”.
Xavier Seoane no seu libro Reto ou rendición recolle o manifesto do movemento que -entre outras cousas- dicía : “Atlántica é unha sociedade formada por intelectuais e artistas e o seu obxectivo básico é a promoción e divulgación das últimas tendencias das Artes Plásticas en Galicia. Está aberta a todos aqueles que non difiran basicamente dos seus criterios estéticos (apertura e dinamismo estético)”.

1 comentario:

freire dijo...

jejeje... si que o primeiro que ven á cabeza vendo esta foto é: "locura"
por certo, a ver qué lle dades de comer ao blog que se vos está ancheando ;)