O grupo de teatro Troula (de esquerda a dereita) Antonio Simón, Suso Medal, Gonzalo Uriarte, Rodrigo Roel, Xosé Lois Romero Mengotti e Pedro Martínez Leandro concentrados antes de saír ao escenario no Auditorio da antiga Universidade Laboral (Acea da Má, Culleredo, A Coruña) en 1979 e interpretar Anastas ou a orixe da Constitución.
A obra, escrita por Juan Benet e adaptada ao galego por Carmen Vázquez e X. Ramón Peña, intenta explicar en clave de farsa as razóns últimas da Constitución española de 1978.
A fotografía ten a vertixe dunha composición coas liñas fugadas sen concesións. Un teito, que parece pesar de máis, xera inquedanza e inestabilidade na imaxe. O contrapicado angular realza a importancia destes homes e pon de relevo a impresión do actor posuído polo personaxe.

Antes incluso de os actores saíren ao escenario, a obra xa parece ter comezado.
1 comentario:
Preciosa foto con la fuerza habitual de tus tomas, con un B&N impecable, es genial.
Publicar un comentario