Poderosa maquinaria observa a cidade (2004)



A fotografía "Poderosa maquinaria observa a cidade" imaxe feita no 2004 para unha exposición no COAG, era unha advertencia do serio perigo provocado pola especulación urbanística na cidade da Coruña.
Cando no ano 2006, na rúa onde vivo, a xente se
manifestou ante a presenza de máis de oito obras en apenas 300 metros e o ruído dos trades (que superaba os límites permitidos) era insoportable, vin que o peor aínda estaba por chegar.
A obra foi exposta no
Museo de Belas Artes da Coruña na colectiva "A CORUÑA. A cidade na arte" do 30 de xaneiro ao 3 de maio de 2009. e adquirida posteriormente polo Museo.

Técnica
Luz: Exterior noite e guindastre iluminado por farol.
Cámara : Hasselblad SWC con respaldo dixital Phase One H-10
Captura dixital directa pintada "in situ" con punteiro láser durante dez segundos
Localización : Monte de San Pedro. A Coruña
Medidas : 100x150 cm
Soporte: Cprint

No hay comentarios: