skip to main |
skip to sidebar
Unha das fotografías en B/N con máis forza e contido fíxenlla á miña familia de Cela (Irixoa, A Coruña) en 1979. A esta zona pertencemos (por parte de nai) dende principios de 1800. A imaxe fala por si mesma; a convicción e orgullo nas expresións, a naturalidade na actitude, a roupa "de traballo" mostrada sen complexos representan para min o que podería ser o icono dunha familia galega traballadora que permaneceu na terra a pesar do fluxo imparable ás cidades.
9 comentarios:
Da a sensación de que detrás deles hai un incendio e que están rodeados polo fume. Bonita foto e bonito blog. Benvido a blogosfera Xoan.
como siempre un 10 y no es orgullo de..........
XENIAL!!
Me encanta! Fuerza, orgullo y realismo.
Enorme a foto -coma sempre- e enorme a familia!
Bkos Xoan
Noraboa polo blog.
Quedas fichado.
Antón
Pedazo foto familiar!! Como siempre el maestro transmitiendo un montón.
Non sabía das túas raíces en Irixoa...!!. Noraboa pola vida.
¿por qué se perdeu hasta eso? na miña casa tamén hai fotos antiguas, donde se reflexaba como diría ...a naturalidade da existencia cotidiana...teño centos de fotos de meus pais, ó saír do cine, ó ir á misa, collendo as patacas ou vindo do muelle...ou coa muñeca (dentro da caixa, naturalmente) que mandara o abuelo de Suiza, todas son representación deles e do que era a súa vida, e sí saíron a outros lugares a vivir, e creo que cos tempos, os cambios e a modernidade perdeuse bastante intensidade nas fotos (tantísimas) que podemos ter hoxe...ou polo menos eu non consigo reflexar esas miradas que sí encontro nas vellas fotos.
A túa familia na foto sabe perfectamente quen é e adónde vai...creo que efectivamente é un reflexo de/da resistencia e permanencia na aldea ligadas á nosa historia
Belén
Es una foto con contenido interno....íntima, entrañable, preciosa.
Maravillas de Xoan y su lente.
Publicar un comentario