Central térmica de As Pontes (1998)

English version

A imaxe que vos presento hoxe fíxena mesturando unha foto da Central Térmica de As Pontes de García Rodríguez con formas virtuais do programa Bryce 3D. Imaxinaba, hai 10 anos, un ambiente irrespirable na vila das Pontes e a necesidade dunha protección (en forma de semiesfera) para a xente que vivira alí no futuro. Hoxe, coa distancia, penso que o problema non só é o que cae do ceo, senón o que leva o vento e se deposita a centos ou miles de quilómetros en forma de choiva ácida. De feito esta central térmica é a maior emisora de CO2 de España e considerada unha vergoña en toda Europa . Mirade este enlace con datos precisos.

EPER-España

Técnica
Luz: Día
Cámara : Hasselblad 500 CM con Obxectivo Zeiss Planar 150 mm
Película : Diapositiva 6x6 Kodak Ektachrome EPP dixitalizada para postprodución
Retoque Dixital : Superposición en capas de imaxe orixinal con estruturas virtuais (Bryce 3D) ou clonadas

2 comentarios:

fer dijo...

Esta foto parece de una ciudad de "La guerra de las galaxias", si te fijas bien y esperas, quien sabe,... a lo mejor aparecen varias naves disparando para destruir la esfera protectora

Anónimo dijo...

Primeira páxina nos xornais do mundo.
Roubáronlle a voz á Terra.

Para que chegue aos ollos, alí no sitio onde nacen as bagoas

Mercedes R. Bolaño