Continental (1989)

English and spanish version

Comentario de Xavier Villaverde :

Sempre sentín fascinación polas fotos de rodaxe que recollen momentos de pausa entre toma e toma. Nos instantes previos aos que se grita "acción", eses breves segundos nos que todo o equipo está en tensión, os actores están recollidos en si mesmos esperando, repasando internamente as frases que terán que interpretar a continuación ou simplemente mantendo a mente en branco para intentar relaxarse.

A foto mostra un deses momentos; pero xa se acaba de berrar “acción” e a cámara está rodando. O encadre recolle a Ada (Angelita Enríquez) que espera pensativa sentada perante a barra, acariñando o bordo da súa copa. Ao fondo vemos o decorado de El Continental, onde os figurantes bailan, deambulan ou sentan nas mesas. Aínda que Pincho (Jorge Sanz), á esquerda, espera inmóbil fóra de cadro a que lle toque entrar no plano; Ventura, no bordo dereito e case fóra da foto, encamíñase xa cara onde Ada.

O encadre panorámico da foto permítenos ver todo isto, pero axustémonos ao 1:85 que é o formato da película e teremos unha idea real do plano exacto: Ada co fondo dos figurantes do Continental, agardando…, quizás non a Ventura nin a Pincho senón a alguén a quen verdadeiramente amou e perdeu, noutrora, noutro lugar… Mais iso xa é outra película.


Enlaces relacionados

Técnica:
Cámara: Nikon FE
Obxetivo: Nikkor 24 mm
Película: Ilford HP5 forzada a 1600 ISO e dixitalizada
Velocidad 1/250 F:2.8
Foto © Xoan Piñón

5 comentarios:

Víctor González dijo...

¡Qué bonita foto! Contiene toda una historia o mil historias... ¿quién sabe? Por cierto y hablando de historias, ¿alguien sabe qué fue de la de Jorge Sanz? Está desaparecido ¿no? No sé, a lo mejor está en el teatro, pero como ya no vivo en Madrid apenas veo teatro. En fin. Enhorabuena una vez más, Xoán. Un abrazo,

Anónimo dijo...

Ai! qué nostalxia...esto recordoume a Casablanca...;), síntoo pero non vin Continental! Gústame así, b/n a muller guapísima, o lugar, que vendo os que bailan xa se fai un á idea de que hai música...e gústame a sensación de que vai pasar algo, da para pensar... por certo que ten que ser moi interesante andar no medio dun rodaje... ACCIÓN!??

DOECHEBELE

Anónimo dijo...

Ela mírase na lúa do seu espello
Coñece ben a paisaxe do fondo
Noutras lúas deste espello
Garda a harmonía dos soños felices.

Mercedes R.Bolaño

Anónimo dijo...

Me encanta el comentario de Xavier Villaverde, te hace entrar de lleno en la foto, la hace ainda mais grande.
Besos
Paz

Madame Vaudeville (Chus Álvarez) dijo...

Impresionantemente bella. Dal ganas de transportarse hasta allí... en ese momento y en ese lugar. Un abrazo