Mostrando entradas con la etiqueta montsecollazo xoanpinon mariacuadrado "Bob Dylan" "Blowing in the wind" "Cangas de Foz". Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta montsecollazo xoanpinon mariacuadrado "Bob Dylan" "Blowing in the wind" "Cangas de Foz". Mostrar todas las entradas

Dende os límites do cantil (2011)

DENDE OS LÍMITES DO CANTIL (2011)
-->
"DENDE OS LÍMITES DO CANTIL"
Texto de MONTSE COLLAZO

Nas tórridas tardes de finais do verán só as moscas se atreven a voar.
Baixo un ceo xusticieiro que se entrega xeneroso e despiadado, os homes -nun instinto primitivo- amoréanse baixo a única sombra natural que se atopa en toda a contorna.
-Que motivo pode facer que tanta xente busque protección no contacto físico cos outros?
-Que primitiva pulsión nos fai buscar o arroupo dos alleos?
-Que medo ao baleiro nos convida a refuxiarnos no anonimato dos demais?
Só a proximidade da morte e o terror a que nos atope sós e nus nos convida a ocultarnos nos máis próximos.
Será que nós, afeitos a chuvias e ventos, sentimos a calor como agoiro de traxedia?
Ninguén ten azos suficientes para darlle o derradeiro adeus a aquel que xa non ten vontade nin de decidir onde quere que repouse a súa alma, que xa non pode parar esa ladaíña na que derivou o "Blowing in the wind" de Dylan e que unha voz anónima e baleira de toda transcendencia canta alienando a súa primixenia intención revolucionaria.
E o aire vaise virando máis e máis sufocante nesta última tarde do verán.




Foto © Xoan Piñón