
English version
Estaba no Monte Dordo -en Porto do Son- esperando que o Sol iluminara o petroglifo "Pozos da Garda" cando apareceu este horizonte impresionante co Monte Louro coroado polas nubes ...
Xoan Piñón
TEXTO DE RAÚL REGUERA
MONTE
LOURO
Gústanos
contemplar as postas de sol porque damos por feito que volverá amencer
Unha
vez houbo unha primeira vez
Un ser
con certa actividade biolóxica consciente presenciou este horizonte por
primeira vez aquela tarde e soubo da desaparición da luz sen saber de órbitas e
xiros, soles e galaxias
E soubo
da negrura da noite do fin do mundo que habitaba
E soubo
da finitud e do medo
Unha
vez aquel que estaba só confundiu a vertixe aloxada nas súas entrañas co
bramido dental do mar e das ondas
E cando
o último resplandor ígneo se esvaeceu solucionado na auga do mar sentiu frío,
moito frío
Aquela
primeira vez de espanto envolvido na negrura da noite do fin do tempo que
habitaba iniciouse para aquel ser con certa actividade biolóxica consciente a
aventura de saber, o experimento de palpar ás escuras e recoñecer o seu corpo
ás cegas
E
imaxinou estrelas
E cando
se masturbou deixou que escorrese sobre a rocha a semente
Que
emitiu un fulgor
Brillou
unha hélice de luz e amenceu
Monte Louro Wikipedia
Foto © Xoan Piñón
5 comentarios:
Esta foto é unha catedral erguida pola fe da humanidade en si mesma,para proclamar a alegría de andar pola terra sen estragala, para proclamar un valor de futuro para o mundo
Mercedes R. Bolaño.
Monte Louro sempre tivo un aquel máxico. Podermos ver a súa silueta ao solpor, enteira, sen nubes nin brétemas, sempre foi augurio de bo tempo para o día seguinte, como sabe toda a xente do mar e como nos ensinaron a todas as que, desde terra adentro, adoitamos escoitar con fruición as súas historias. O solpor, o albor e o lusco fusco... todo é máxico se miras cara Monte Louro desde calquera punto da costa da Barbanza... e esta foto ratrata todo iso, toda a maxia do mar e do monte, toda a maxia da Galiza. Toda a forza desta ría. Unha vez máis, parabéns por esta obra de arte, que reflicte o que os nosos ollos e as nosas emocións (que tamén ven moito) poderían observar se estivesen alí ese día e a esa hora.
Lola Ferreiro
Espectacular. La "Tierra Media". A Tolkien le hubiera encantado.
Un abrazo,
Existe unha entrada sobre o monte Louro na wikipedia en galego: http://gl.wikipedia.org/wiki/Monte_Louro
Hai unha entrada sobre o monte Louro na wikipedia en galego: http://gl.wikipedia.org/wiki/Monte_Louro
Publicar un comentario