Cámara Barroca (2010)

Cámara Barroca

"O verdín non perdoa"

Aínda que non é a primeira vez que mostro o interior da deteriorada Igrexa do Mosteiro de Sobrado dos Monxes (Mosteiro de Santa María de Sobrado); co gallo da inauguración da exposición fotográfica colectiva "Cámara Barroca", teño que insistir na necesidade urxente de restaurar esta impresionante xoia do Patrimonio Arquitectónico Galego.
Na fotografía amósase a grandiosidade e beleza do interior da igrexa. Iso si, o verdín non perdoa… a auga fíltrase facendo estragos entre as delicadas tallas dos mestres canteiros dándolles este irreal aspecto.
Cómpre que alguén en Bruxelas teña que dicilo?

Xoan Piñón




Datos da Exposición fotográfica colectiva "Cámara Barroca"
Exposición temática sobre o Barroco Galego.
Inauguración Xoves 9 de Setembro as 20h no Atrio de San Martiño Pinario (Santiago de Compostela)
Fotógrafos : Vari Caramés, José Caruncho, Xurxo Lobato, Tino Martínez, Eduardo Ochoa e Xoan Piñón.
Deseño da exposición/catálogo: Fernando Agrasar
Iniciativa e coordinación: Juanjo Molina, Eduardo Ochoa.
Dirección Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia.

Foto © Xoan Piñón

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Es increible el deterioro de una verdadera obra de arte y que pase por alto.
Preciosa realización fotografica

Víctor González dijo...

Maravillosa foto Xoán. Claro que tal vez no debería felicitarte a ti... "la modelo" se las trae.
Un abrazo,

Anónimo dijo...

Aí fun acollida eu para pasa-la noite hai xa ben anos...qué sensación de calma...qué lugar tan máxico, e aínda máis para min, pobre ignorante, que só coñecía o nome do Monasterio e a referencia do "Padre Santi" poucos días antes (¿por qué sería...? se cadra é que o que non sale pola tele non existe...qué peniña...)... pois sí, eu dou fe de que é un tesouro, un lugar de descanso para encontrar o que non ten que buscarse. Será ben non esquecer o que fumos e o que nos fará ser...
A foto é unha pasada, con tantísimos detalles, , pero é que eu a Sobrado téñolle un cariño especial, e coido que me gustaría aínda que nin se vira máis que o pe de foto...:)

DOECHEBELE

Anónimo dijo...

A cámara fuxiu do balbordo das palabras para quedarse soa coa dor da pedra.

Mercedes R. Bolaño.

Anónimo dijo...

Fermosísima imaxe chea de misterio e historia. As cores son espectaculares (verdín incluido). Noraboa !

Xosé Manuel Carro