Luis Seoane. Centenario.

English version

O día 1 de Xuño de 2010, Luís Seoane -o grande autor e intelectual galego- cumpriría cen anos. Baixo a iniciativa de Rosa Espiñeira, tivo lugar o IV Agasallo a Luís Seoane, un emotivo acto na Biblioteca Miguel González Garcés da Coruña, no que unha morea de artistas plásticos, músicos, intelectuais, familiares e amigos de Seoane celebramos como se merece o seu centenario.
O acto consistiu na presentación do libro Poemas alumeados -que contén 14 poemas do autor- (editorial Figurandorecuerdo(s)edicións); unha exposición dos orixinais que ilustran o libro, e a actuación -unplugged- do noso grupo musical DOA que interpretou temas do seu último traballo A fronda dos cervos -adicado aos trobeiros galaico-portugueses, Afonso X, Códice Calixtino e adaptacións propias da música medieval de Galicia-. A homenaxe rematou coa plantación (por cuarto ano consecutivo) dunha planta de ruda e un allo verde ao pé da estatua que Luís Seoane ten na súa praza.

A fotografía, da colección "A Horta de Carnati. Alterados" (2007) ilustra o poema O miniadorVer videos das pezas de DOA en YouTube

Relación de persoas que participaron na homenaxe :
Xaquín Chaves, pintor; Jesús Núñez, pintor e gravador; Lipa Burd, pintor e publicista; Xoan Piñón fotógrafo; Lía Santana, deseñadora; Felipe Criado, pintor; Xosé Salgado, deseñador;
Xosé Luís Méndez Ferrín, limiar; Xabier Correa Corredoira, pintor; Pepe Barro, deseñador; Luis López “Gabú”, fotógrafo; Tiago Guedes Madeira, artista multidisciplinar; Pilar Turbón, artista plástica; Detlef Kappeler, pintor e debuxante; Reiner Schiestl, pintor e acuarelista e Hermenegildo Sábat, ilustrador gráfico. No grupo musical DOA: Susana de Lorenzo, voz; Xaquín Blanco, oboe; Xoan Piñón, guitarra; Bernardo Martínez, percusión, Oscar Fernández, zanfona e "Xoglar" coa iluminación.

Luís Seoane, enlaces relacionados:

Técnica:
Luz: Flash con xelatinas
Cámara: Hasselblad + Phase One
Obxetivo: Zeiss 150 mm + anel macro
Exposición: 1/125 seg / F:16
Soporte: Platine. Tintas de inxeción.
Formato: Dibón 100x135 cm
Foto © Xoan Piñón

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Una foto con una técnica perfecta para un bonito homenaje. Una pena que no puedas ponerle vuestra música, y ya sería un lujo.

Anónimo dijo...

étrange et psychédélique à souhait ! comme j'aime

Víctor González dijo...

Luis Seoane... si estuviera vivo ¿acaso no sería más moderno que todos los modernos juntos?

Anónimo dijo...

L’eccellente creatività di questa immagine ha permesso di ottenere delle sfumature di colori con un’intensa impronta caratteriale, nonché nello stesso tempo, fantastica con un miscuglio di elementi reali e componenti irreali la cui fantasia e composizione dell’autore ha generato un complesso fantasioso e fantastico.

Foto dalla forte e gradevole comunicazione visiva con elementi molto suggestivi, visto l’insieme della creatività elaborata ed evidenziata.

Questo trattamento in postproduzione, appropriato, ha inoltre permesso di ottenere una magnifica immagine con un forte impatto comunicativo nella quale l’inquadratura degli elementi e la focalizzazione dell’insieme dei soggetti creati ed amalgamati ne hanno esaltato e la magnifica restituzione della figura.

In questa composizione si rileva inoltre un buon bilanciamento cromatico e una piacevole nitidezza che hanno restituito all’occhio dello spettatore una ottimizzazione della visualizzazione con una eccellente risoluzione.
Inoltre si nota il ben curato il bilanciamento del bianco con la bella restituzione dei toni.

Complimenti per la gradevolissima foto.

Luigi