Dublin (1991)



Comentario de Lola Ponte
Que humidade !

Entre o bafo e a néboa chorona non se ve nada. Nin se é de mañá ou de tarde, inverno ou verán! A vella sucia cidade ergueuse co día morriñento. Dirty old town. E iso que xa comezou a primavera.
Outro atasco máis! Por algo din que o horario de autobuses é a mellor obra de ficción sobre Dublín, a parte do Ulises. En bicicleta chegaba antes, e por riba facía exercicio. Deste ano non pode pasar, teño que lelo… e ir ao Bloomsday de canotier e bastón. A recitar como o que máis. Se non chove, que como siga a chover emigro ao sur.
Bloom, o xudeo errante, percorrendo Dublín o 16 de xuño de 1904. E unha morea de xente despois, ano tras ano, recreando o seu percorrido. A pé, en bicicleta, en autobús, e mesmo en coche de cabalos. En París, Trieste, Galway, ata en Río de Janeiro e Buffalo. Na Coruña, non creo. E moitos sen sequera ter lido o libro. Coma min, que non creo que o dea lido este ano. Nin comprado se cadra!
Lola Ponte.

Mañá, 16 de Xuño celébrase o Bloomsday para conmemorar a xornada na que transcorre o “Ulises” de James Joyce (1882-1941). En máis de sesenta países sucédense diversos actos que recrean a mítica novela do Dublín de primeiros do século XX. Os asistentes, vestidos de época, len fragmentos e representan anacos da obra mentres saborean un ambiente festivo disfrutando a esgallo.

Técnica:
Cámara: Nikon F3
Obxetivo: Nikkor 24 mm / 2.8
Película: Diapositiva Ektachrome 100 dixitalizada
Exposición: 1/125 a F2.8
Foto © Xoan Piñón


5 comentarios:

Víctor González dijo...

Preciosa foto, evocadora y sugerente...
Un abrazo,

simón dijo...

Que bonita!! encántame, e tamén o texto, enhoraboa e continúa publicando!

Anónimo dijo...

Parece que estoy en el bus ! que ambiente tan conseguido ! el relato de Lola Ponte es fantástico ...

Anónimo dijo...

Ah, but despite the weather & the dirt, Ireland gets in your heart & never let go! Have you ever been to County Clare? Stunning! I do love Spain as well.Only been to Andalucia though.
Elenis.

noio dijo...

Fermosísima imaxe