O Courel "Dez Outonos no Courel" (1994-2004)

O Courel

Comentario de Juan Ramón Vidal Romaní :

Courel: a Memoria de Galicia

Courel, a Memoria de Galicia, non era nada hai 650 millóns de anos, apenas unha lama negra acumulada nas augas profundas dun océano sen nome entre continentes sen nome. Pouco a pouco foi saindo do mar erguéndose e convertíndo lama en lousa negra e lousa nas magníficas montañas que agora son. E os ríos conforme as montañas medraban afondaron nelas formando os vales e as montañas como agora os vemos. Hai 37 millóns de anos os ríos remataron o seu traballo, e a vexetación e os animais ocuparon seu lugar. A armonía das augas e dos xeos glaciares nos últimos 3 millons de anos viu chegar o primer galego ao Courel. Nos últimos 30 anos o home desesperase por destruir aceleradamente o que tanto tempo levou facer. A teima de cubrir a sua cabeza coa lousa do Courel e como volver atrás barbara e irreflexivamente ao principio cando todo estaba baixo o mar.



Enlaces relacionados :


Técnica:

Luz día nublado claro
Película: Diapositiva Velvia 6x6 dixitalizada
Cámara: Hasselblad SWC
Exposición: 1/2 seg a F/22
Filtro: Ámbar e polarizador
Foto © Xoan Piñón


9 comentarios:

Víctor González dijo...

Creía que ya había hecho este comentario ayer pero veo que no, así que lo volveré a poner: A mi que me entierren con esta vista. Un abrazo,

Anónimo dijo...

A foto, fantástica, como todas as que coñezo de Xampi... que son moitas. A paisaxe, impresionante. As referencias do comentario, moi boas... e un pequeno erro que non quería deixar de comentar: nos últimos 30 millóns de anos, seguramente o Courel viu chegar tamén a primeira galega e, sempre, sempre, nos últimos 30 anos, MULLERES e homes desesperamos por... Caros amigos: sei que estas cousas aínda nos escapan de cando en vez, mais seguiremos no camiño, para que non haxa que sinalar que nós, as mulleres, tamén gostamos de ser nomeadas. Bicos, bicos. Lola Ferreiro Díaz

Anónimo dijo...

Un placer de fotografía.

Anónimo dijo...

Vendo o comentario de Lola Ferreiro Díaz, penso que o profesor Vidal Romaní cando di "o primer galego" refírese craramente a especie humana e non a un macho. Xa sei que unha morea de nomes deberían definir o xénero, pero este artigo céntrase na urxencia de proteción que necesita O Courel de a destución sistemática nos últimos anos pola industria mineira e non si foron, saltamontos, saltamontas, saltamontes, galegos ou galegas os que foron chegando de últimos a este divino lugar.
Grazas Xoan polo teu blog, un oasis entre tanta carallada.
Antón Reboredo

Anónimo dijo...

Qué bonito é ese sitio! eu pasei unha vez por ahí, atravesei a montaña por unha carreteriña estreita da que recordo un gran barranco...Dios, que medo! Recordo tamén sitios preciosos coma este, pero de todo, de todo, teño que recordar que é o único sitio no que puiden "escoitar" o silencio, se tal se pode, só o paisaxe e ningún ruido "alleo", nen coches, nen sequera tractores, nen ó lonxe...era xenial, só a montaña como debeu ter sido sempre...como hai 37 millóns de anos, se cadra? :)

Belén

Anónimo dijo...

Eccellenti i neri che risultano corposi e profondi mentre i bianchi puliti e brillanti

Buona ed appropriata la nitidezza no troppo marcata ma nemmeno slavata.

In questo gradevole panorama i toni molto buoni restituiscono dei timbri cromatici con delle tinte dai colori non esagerati ma particolarmente equilibrati la cui composizione sembra tendere al grigio molto naturale. 

Un bel panorama dai colori non accesi ma pacati. 
Sinceri complimenti.

Luigi Mirto

Anónimo dijo...

Outono primeiro da miña vida
Fiestra máis alta dos meus recordos
Para ser felices nesta Terra, pracer dabondo ten a natureza
Tornemos dela. ¡¡

Mercedes R.Bolaño

Anónimo dijo...

Stunning bit of the world, I appreciate the commentary also. thanks for connecting your space to our space.

Ed

Mónica Sabbatiello dijo...

La primera vez que vi este paisaje... no pude parar de llorar... merece la pena vivir, pensé por fin con seguridad, después de pasar por un gran bache... ahora, al verlo, vuelvo a sentir esas alas, esas raíces, esa esencia de existir. Gracias, es preciosa esta imagen.