English versionAs sensacións que me produce esta imaxe non son fáciles de describir.
Penso na mañá dun caloroso domingo de verán. As miradas dos retratados -que se dirixen en distintas direccións movidas por un aparente desinterés e fastío- contrastan co que sería a xuntanza dunha familia nun pequeno balcón; un espazo demasiado reducido para tanta distancia entre os persoaxes.
A fotografía foi tomada en Madrid nos meus comezos.
