Praza de Pontevedra. A Coruña. (1981)


Comentario de Xosé Lois Martínez. English version


Civilizacion e Barbarie en Galicia.

"Non é unha fotografía para agradar.

Un pequeno e composto edificio de vivendas da pequena burguesía galega decimonónica queda emparedado entre a esquelética estructura de dous xigantes da especulacion inmobiliaria do desarrollismo.

A luz, rebota nos forxados, vigas e pilares de formigon, ainda desnudos da roupaxe epidérmica da fachada, dibuxando unha cuadricula dun negro baleiro que contrasta coa fraxilidade e transparencia das delicadas galerias de madeira e vidro nas que, blancas e ordenadas cortinas, mostran signos dunha vida domestica en aparente tranquilidade.

Na planta baixa o rótulo do Bar Benito, parcialmente oculto tralos andamios, agóchase coñecedor da imposibilidade da sua supervivencia no novo escenario que se está a construir.

Sobre o pequeno edificio, un inquietante baleiro recórtase nunha paisaxe urbana en transformacion.

A mirada fotográfica de Xoan Piñón é unha mirada critica. A dimensión do baleiro mide a intensidade da violencia coa que se transforma un, en principio anonimo Centro Histórico, na desigual batalla que se está librando pola defensa do patrimonio durante os ultimos cuarenta anos.

A cultura fronte a barbarie.

A arquitectura da cidade entendida como valor de uso e signo de excelencia e identidade urbana, fronte arquitectura na sua condición adxectiva ao servizo dun producto inmobiliario concebido prioritariamente como valor de cambio, como mercancía.

Unha imaxe na que se visibiliza unha etapa crítica na construccion da cidade contemporánea.

O enfoque frontal, sitúa a franxa do baleiro entre edificaciós no centro da imaxe.

Converteo en protagonista, cun nivel de abstraccion que abre a posibilidade da identificacion da fotografía cun fragmento de calqueira vila ou cidade do país: ¿O ensanche da Coruña ou o de Santiago?.¿Viveiro ou Betanzos?. ¿Sarria ou Monforte? ¿O ensanche de Vigo ou o de Pontevedra? ¿A Rua de Linares Rivas ou a Plaza de Pontevedra? ¿Verin ou Malpica?¿O barrio da Magdalena de Ferrol?.

Entre os multiples significados a fotografía remitenos a un tempo ( o ultimo cuarto do seculo XX), e a unhas formas urbanas en colisión (co extraordinario cambio de escala das novas edificacions que triplican o numero de plantas da precedente).

Nun momento concreto, no centro das grandes cidades galegas estanse a enunciar as reglas a seguir, os modelos a imitar na construccion do espazo urbano dos últimos anos do seculo XX.

Dende o corazón mismo da urbanidade o cáncro extendéuse rapidamente ao xeito dunha metástase por todo o corpo do país.

Pero é a posibilidade de percibir a intensidade da violencia, a que nos revela que foi nas paisaxes urbanas dos Centros Historicos e nos Ensanches burgueses donde os novos bárbaros fixeron o primeiro acto de presencia: ali levantaron as novas referencias.

Significadas a través dos mass media como o síntoma por excelencia do "progreso" e da "modernidade", impulsadas polo sector financieiro con novas fórmulas crediticias, abrironse as comportas da ignorancia duns e da ambición desmedida doutros que se sentiron lexitimados para, destruindo paxinas memorables do libro da cidade, transformar radicalmente o decorado que serve de telón de fondo ao drama no que se está a desenvolver a construccion da Galicia contemporanea.

Nos centros historicos ou nos pequenos ensanches de todalas vilas (Betanzos, Sada, Verin, Noia, Sarria, Baiona...) e incluso nos enton pequenos nucleos de poboacion (Santa Cruz, Mera, O Burgo, A Pasaxe, Cabanas, ...) interpretaron, cada un ao seu xeito, a mensaxe emitida dende a cidade.

Unha mensaxe que levaba implícita a incapacidade dos novos operadores urbanos de crear unha alternativa urbana propia sin negar os valores culturais da cidade precedente, da "cidade como obra de arte".

En 1969,doce anos antes da realización da fotografía,en Bolonia aprobárase o Plan Especial de Proteccion do Centro Histórico e enunciárase a necesidade da sua Planificacion Integral.

Seis anos antes, en 1975, redactárase a Declacion de Amsterdam sobre o Patrimonio Arquitectónico Europeo.

A imaxen, na sua condicion fotográfica vai mais aló do momento e do lugar concreto da sua realizacion, abrindo o paso á sua "descontextualizacion temporal e física".

Un pequeno fragmento da coruñesa plaza de Pontevedra mostranos o conflicto entre as tipoloxias da cidade histórica e as alternativas especulativas do "progreso".

Un conflicto que o baleiro fai visible na gran tramoya dos edificios en construccion, antes de que a doce e amnésica máscara da epidérmica "arquitectura de fachada" da modernidade, oculte con maior ou menor éxito os excesos dun sector inmobiliario bárbaro e voraz que, alleo á dimension cultural e historica da cidade, reclama violentamente o rol de protagonista principal no drama da construccion da Galicia urbana".

Xose Lois Martínez


Foto © Xoan Piñón


5 comentarios:

Anónimo dijo...

impresionante !!!

Anónimo dijo...

Noraboa a Xosé Lois Martínez polo seu compromiso coa defensa do Patrimonio arquitectónico galego, tamén por este documentado e fervente relato da historia do noso descuidado país.
Gran foto a de Xoan Piñón, unha imaxe sen concesións ____ branco e negro perfecto e unha composición claramente denunciadora do que estaba a acontecer. Unha foto histórica.

Nerea Martínez

Anónimo dijo...

Interesante foto, pero es un error cerrar ese demencial destrozo a Galicia. Destrozos como ese se realizaron en todo el mundo en los años 60, perpetrados por arquitectos omnipotentes que pretendian cambiar el mundo a golpe de hormigon y lo unico que consiguieron es hacerlo mas espantoso. Solo hay que ver donde estudian los arquitectos en Coruña, apartados de la ciudad en un bunker de hormigon. ¿Que puede salir de ahi? Odio a cualquier clase de urbanidad.

oalfonso

Anónimo dijo...

Hai xente que o asunto do urbanismo o explica mellor, e con mais xeito ca min:

http://vicisitudysordidez.blogspot.com/2009/11/satan-es-mi-senor-parte-i-tu-vida-va.html

Tamen hai un documental da BBC sobre a ausencia da beleza no mundo moderno, http://www.bbc.co.uk/programmes/b00p6tsd que tamen resulta moi interesante. Poñen un exemplo de como barrios hormigonados teñen problemas de delincuencia e vandalismo, mentres outros barrios construidos con estandares clasicos e igual renta non presentan esos problemas. A conclusion, e que os vandalos rematan cun grafiti o que outros escomenzaron con escuadra e cartabon.

Unha aperta
Oscar

Anónimo dijo...

Magníficos os dous, o fotógrafo e o escritor do texto. Tristemente, ocurre en todas as vilas galegas, manda o capital e governa a ignorancia. Mágoa de país.

apertas
cris