Mostrando entradas con la etiqueta Fotografía fotography Profesional "Xoan Piñon" "Mon Vasco" "Xaime Cabanas xoanpinon Atlántica escultura pintura Galicia Retrato. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Fotografía fotography Profesional "Xoan Piñon" "Mon Vasco" "Xaime Cabanas xoanpinon Atlántica escultura pintura Galicia Retrato. Mostrar todas las entradas

Colectivo Atlántica (1980)

English version

Cando o pintor Xaime Cabanas e o escultor Mon Vasco me pediron uns retratos para ilustrar o catálogo de "Atlántica" e apareceron ante min ataviados deste xeito, pensei que unhas imaxes tan tolas como me ofrecían non se publicarían nunca. Pero non foi así e aínda que esta fotografía permanecía inédita e foron outras as elixidas, a imaxe transmite a forza e a necesidade de ruptura do movemento de artistas plásticos máis revolucionario que deu Galicia no comenzo da década dos oitenta.
Antón Castro, profesor da facultade de Belas Artes de Pontevedra e un dos piares teóricos do movemento, comenta: “Atlántica supuxo un revulsivo e marcou -por primeira vez-a presencia de Galicia no mundo”.
Xavier Seoane no seu libro Reto ou rendición recolle o manifesto do movemento que -entre outras cousas- dicía : “Atlántica é unha sociedade formada por intelectuais e artistas e o seu obxectivo básico é a promoción e divulgación das últimas tendencias das Artes Plásticas en Galicia. Está aberta a todos aqueles que non difiran basicamente dos seus criterios estéticos (apertura e dinamismo estético)”.