Onte, cando ía para o traballo vin esta insólita imaxe ,,, alguén ao que non lle gustaba o cadro que tiña na casa, decidiu deixalo deste xeito na rúa.
Xusto debaixo do espantoso cableame que as empresas deixan nas fachadas, a pintura aparece como unha alternativa ao feísmo ou unha nova forma de reciclar e decorar a cidade.
Técnica
Cámara : Canon PowerShot S70
Obxectivo : Zoom a 28 mm
Velocidade : 1/200 seg.
Diafragma : 2,8
ISO : 100
Formato : RAW
Foto © Xoan Piñón
