A resposta da terra "A Horta de Carnati"

"A resposta da terra" A Horta de Carnati.
English version

Texto de Ánxel Vázquez de la Cruz


A RESPOSTA DA TERRA


Primeiro foi a terra:
A súa oferta de penumbra,
humidade e silencio.


Acolleu un día a semente:
a vida toda en dúas espirais que se abrazan,
precarias reservas para a azarosa espera.


E despois de chuvias,
soles, orballos…
a silandeira exhalación da terra:
esa simetría de cor e paz.


O poeta gardou a súa melodía fluvial.


E, despois, díxolle á terra:
- Non o merecemos ¡ Non merecemos isto !


E oíu o silencio da terra:
- Tes razón: xa o sei; pero é a miña forma de ser.




Ánxel Vázquez de la Cruz


Publicación "Luz de Tebra"
http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2010/10/06/0003_8766436.htm
http://www.laopinioncoruna.es/cultura/2010/08/03/angel-vazquez-cruz-apetecia-reivindicar-gallego-ahora-corren-buenos-tiempos/407665.html


A Horta de Carnati 01
A Horta de Carnati 02


Foto © Xoan Piñón

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Fermosa foto que nos levas a reparar na palabra de Vazquez de la Cruz.

Mercedes.R.Bolaño

Mónica Sabbatiello dijo...

Fusión de texto e imagen que es como un abrazo desde el fondo del tiempo.
Es verdad, como dice Angel, que no lo merece el ego humano, tanta belleza, pero sí merecemos todo esto como unidad con eso, como Eso que Somos desde el fondo de los tiempos.

Unknown dijo...

Na foto está a Terra, pero vexo ó Home, rebosante de vida.
No texto hai un Poema, pero escoito un Canto.