Berrogüetto (1999) "Viaxe por Urticaria" (Boa Music)

English version


Comentario de Anxo Pintos (Berrogüetto)

Cronopoegrama dunha instantánea

Da pantalla á idea...
Imaxe de potencia primordial
encarnada na Australia presente e ancestral.
Imposible atopar mímese máis sincera entre home e territorio...

Da idea á pantalla...
No Occidente...
Ao Corpo cústalle espirse do medo para mostrarse nú.

Finalmente...
...Sete axitadores de vento.
transitan con carros de son
a rúa utópica de Cabet
cubertos da cor da lama…
...... o légamo primordial
...... ...... metáfora do mundo fértil
...... ...... ...... trasunto agrícola da música da terra.

A Urticaria curándose cun berro salferido de barro.

Finalmente…… …… ……ollo&click…… ……… ……ollo&click……
……ollo & click……

Felizmente...
...... ...... ...... ...... Artesá e poderosa…
...... ...... ...... ...... ...... ...... ...... ...... ...... A instantánea.


Anxo Pintos 17/02/2010


Técnica:
Cámara: Hasselblad SWC
Película: Ektachrome 6x6
ISO: 100 E6
Luz: Flash
Velocidade: 1/125 a F:11
Foto © Xoan Piñón


3 comentarios:

Anónimo dijo...

Xoan, non sabía que as fotos de "Viaxe por Urticaria" eran túas. Derería telo imaxinado.

Increible posta en escea, a luz é impresionante e a actitude da xente e dunha gran concentración ¿qué lles dicías?.
A maquillaxe outro 10.

Noraboa :: !! ::
Esteban Iglesias

Víctor González dijo...

Vale Xoán, estas fotos son más conocidas. Yo tampoco sabía que eran tuyas. Pero me parecieron la bomba en su momento... y me lo siguen pareciendo. Noraboa tamén e unha aperta,

Anónimo dijo...

O que me chama é que se miro ben parece que houbera como tres ou catro planos, como se houbera unha enorme distancia entre o personaxe do medio e o fondo, casi parece que o de diante é o único "real" e o resto fosen outra cousa, debe ser pola luz, que é máis clara esa zona, pero miro e paréceme que o de diante vai coller e marchar, deixando o redor alí mesmo, como un decorado. Vaia reflexión, jajajaja! en fin, para resumir que "mola" polo orixinal e un pouco "extraña" que é. Mención aparte o comentario de Anxo Pintos, arte total.

Belén