English versionNon hai moito tiven a oportunidade de visitar o Mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes (s. XVI) para un traballo fotográfico que debía realizar. Quedei sobrecollido pola grandiosidade desa parte do noso patrimonio que permanece tan agochado como descoñecido.
A sancristía podería ser considerada como un dos exemplos máis fermosos do Renacemento galego polo equilibrio das súas formas e a elegancia do conxunto arquitectónico; mais todo isto hai que observalo baixo unha pátina de mofo e brión que recobre todas as súas paredes.
Marchei do lugar coa seguridade do retorno que te deixan eses sitios aos que sabes que algún día has volver e todo permanecerá igual e de novo poderás contemplar estas pedras que con tanta sabedoría foron labradas.
Tamén marchei meditando sobre a necesidade e urxencia que temos de coidar o noso incrible patrimonio, pois ningún pobo sobrevive de costas á súa propia historia.
Xoan Piñón
ver Galería "Cámara Barroca"
Técnica
Luz: Natural
Cámara : Hasselblad 503 CW
Obxetivo : Zeiss 80 mm
Captura con respaldo dixital 22 mp
Exposición : 1, 2 e 4 segundoss a F.16
ISO : 50
Posproducción dixital HDR
Técnica
Luz: Natural
Cámara : Hasselblad 503 CW
Obxetivo : Zeiss 80 mm
Captura con respaldo dixital 22 mp
Exposición : 1, 2 e 4 segundoss a F.16
ISO : 50
Posproducción dixital HDR
Foto © Xoan Piñón
