A Toda Máquina (1987)


De pé de esquerda a dereita: Sergio Pazos (actor), Carlos Regueira (axudante de produción), Xosé Lois (actor), J.L. Moreno (iluminación), Eva Gómez (productora) Xaime Fandiño (director), Niní Castro (vestiario); sentados : Luisa Veira (actriz), Suso Montero (director artístico) e Puri Pereira (maquillaxe).

"A Toda Máquina" foi un programa da TVG que se emitía semanalmente e integraba actuacións musicais de grupos de rock e un tolo concurso conducido por Sergio Pazos (o grumete), Xosé Lois (o capitán) e Luisa Veira (Chachachá). Polo plató pasaron as principais formacións da época: Héroes del Silencio, Siniestro Total, Alaska, Los Rebeldes ...
Durante o concurso a Chachachá (Luisa Veira) repartía golpes e todo tipo de accións para molestar aos concursantes, mentres Sergio Pazos lía as preguntas que un temón movido por Xosé Lois ía deixando ao descuberto.
Nese ambiente recreado de fondo do mar, os castigos -consistentes en desaparecer a través dunha trapela chea de fume e luz- sucedíanse durante unha angustiosa e dinámica proba que duraba 12 minutos.
O decorado -nunha estética pop de antigo submarino- estaba inspirado na psicodelia dos 70 e mantíñase a flote na súa tecnoloxía obsoleta, como o raposo desecado que un grumete colocara ao lado do compás na cabina de mando.
Foi galardoado co premio TP ao mellor programa de 1988.


Técnica
Luz: Interior plató TV 3.200ºK
Cámara : Hasselblad SWC
Película : Diapositiva 6x6 Ektachrome 64T